Saim wrote:Sorpréndeme ver a palabra salir en galego en canto de saír (para eso non era preciso salir da nosa terra). Vexo que o castrapo non é nada novo. Tamén é interesante a palabra predomiñantemente que non sai no dicionario da RAG. Cunha procura (ou deberíadicir“dicer” pesquisa? ) de Google atopei-na nunha obra de Castelao (Sempre en galiza).
Eu non sei se supón tanto problema utilizarmos o eso en vez do iso, como efectivamente a norma galega nos obriga, sendo corriquiera abondo a alternancia entre /e~i/ nos pronomes dos distintos dialectos galegos. Digamos que é o de menos a estas alturas cando temos tantos outros castelanismos. Salir é un claro castelanismo dos que me amolan, porque os castelanismos que encaixan ben cos patróns e tendencias do galego-portugués, podesme atá convencer a aceptalos. Fora da rexión do Eo-Navia, onde creo que din salir, o salir non debería ser aceptado...pero a cousa é que Castelao non tivo unha norma, claro. Foi antes do seu tempo. Polo xeral, acho que gasta un galego moi bo, pero os castelanismos veñen desde hai muito atrás, temos de ter en conta que son séculos de diglosia, é natural que falase un galego non normativo.
Velaquí algo interesante:
Algunhas destas formas que utilizaba Camões lembran moito o galego. Exemplos, non só as normas ortográficas que sempre poden ir mudando co tempo, senón conxugacións tamén. Por exemplo, Camões di impida, impidas en vez de impeça, impeças como en portugués moderno. En galego tambén, esta conxugación é regular. Pido, pides, pide etc. Pida, pidas, pida etc.